27 de mar. de 2019

TOMIÑO

PATRIMONIO

O Concello apraza as Xornadas de Arquitectura Indiana 

A actividade, prevista inicialmente para os días 29, 30 e 31 de marzo, celebrarase despois do verán    


Infogauda / Tomiño


 A Concellería de Patrimonio, Turismo e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, decidiu aprazar até despois do verán ás Xornadas sobre Arquitectura Indiana no concello de Tomiño, inicialmente previstas para os días 29, 30  e 31 de marzo de 2019.  

 A actividade, que incluirá a presentación dun proxecto de catalogación, conferencias e rutas guiadas, celebrarase nunha data posterior ao verán, que se anunciará oportunamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario