O ALCALDE DE SALCEDA SACA DO CAIXÓN 1.400 FACTURAS IMPAGADAS POR VALOR DUN MILLÓN DE EUROS
· O PP de Salceda cualifica de “estafa” que o Concello gastase un millón de euros “sen telos” e que un ano despois, xusto antes das eleccións, pretenda pagar os provedores a través dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito “desorbitado”
· Os popularas afirman que non é a primeira vez que o Alcalde paga facturas mediante Reconomientos Extraxudiciais de Crédito, desde 2017 abonou 1,3 millóns de euros a través desta fórmula da que “abusa” constantemente. A esta cifra hai que sumar este millón de euros, algo que xa é “demasiado escandaloso”
Santiago Rodríguez Davila, portavoz do Partido Pôpular en Salceda de Caselas
Infogauda / Salceda de Caselas
O PP de Salceda de Caselas denuncia que o alcalde “se haxa gastado un millón de euros que non tiña” e que agora, “xusto dous meses antes das eleccións”, decida pagar as máis de 1.400 facturas que tiña “gardadas no caixón” e para as que non tiña orzamento. O vindeiro venres, o rexedor levará a pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por valor dun millón, unha cantidade “desorbitada”, a xuízo do candidato popular á Alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila.
Para os populares, este “despropósito” é unha “manobra” do alcalde “totalmente intolerable”. “Primeiro contrata os traballos e despois mete a factura no caixón durante un ano para que non se note, todo ese tempo os provedores soportaron o peso económico das obras e os servizos que se lle antollaron o Sr. Besada para tentar vender os veciños a súa xestión. Agora, a dous meses das eleccións, non queda máis remedio que sacalas á luz para pagarlle a todos eses autónomos e empresas que non viron nin un só euro desde que fixeron os traballos e os que se lles mentiu reiteradamente dicíndolles que a culpa de que non cobren tena a oposición”, relata Davila.
O PP “esixe” o rexedor que “non siga mentindo” e advírtelle de que o Grupo Popular “non vai ser cómplice desta estafa a todos os veciños”. Lembra que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito é unha ferramenta dos concellos destinada a sufragar pagos puntuais e imprescindibles para a o bo funcionamentodun municipio pero non para “caprichos” do alcalde. Este millón de euros supón o 25% do orzamento de Salceda para todo un ano.
Ademais do “descaro”, Davila cre que esta xestión “do extraxudicial” demostra a “incapacidade” e o “desinterese” do alcalde por presentar uns orzamentos “coherentes”, “consensuados” e “sensatos” que beneficien aos salcedenses, a quen Marcos Besada “avergoña” continuamente cando o Consello de Contas “pon o nome do noso pobo en todos os medios de comunicación por vivir por encima das súas posibilidades”. “Que lle pregunten ás familias de Salceda os malabares que teñen que facer para chegar a fin de mes mentres o seu alcalde gástase un diñeiro que non ten en propaganda, ou que ocorre cando non poden pagar unha taxa municipal porque teñen que malvivir con 400€ ao mes”, apostilla.
O PP lamenta que o “Recoñecemento Extraxudicial de Crédito” converteuse no “modus operandi” deste goberno. En 2016 aprobou 640.000€ fose das contas oficiais, un ano despois foron 174.501 € no mes de abril e outro de 239.000 a finais dese mesma anualidade e en 2018 pagou 268 facturas por valor de 309.554 € da mesma forma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario