27 de mar. de 2019

O ROSAL

FORMACIÓN
 
PRESENTACIÓN PROXECTO DEPOAPICULTURA 

 O curso é totalmente gratuito e conta con 22 participantes


Charo Tabales, concelleira de Formación e Emprego na presentación do proxecto
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Onte presentuse no Concello do Rosal o proxecto DEPOAPICULTURA: A apicultura sostible como fonte de emprego rural. 

 Trátase dunha aposta da Deputacion de Pontevedra e do Concello do Rosal pola formación no sector apícola, sobre todo, daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral. 

 Segundo afirmou a concelleira de Formación e Emprego, Charo Tabales: “É unha boa e gran oportunidade para as persoas que desexen iniciarse nun sector en auxe. O programa basease en obradoiros prácticos e, de ser necesario, buscaríanse vias de ampliación. Apoiaranse todos os proxectos que saian deste curso con asesoramento nos trámites administrativos e de orientación profesional.  

 O curso é totalmente gratuito e conta con 22 participantes. Rematará o día 10 de setembro de 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario