Planta un árbore, planta futuro
ALUMNOS E PROFESORES DOS CENTROS EDUCATIVOS DE A GUARDA APOIAN Á INICIATIVA DOS COMUNEIROS
Comuneiros e traballadores contratados pola xunta reitora da Comunidade de Montes veciñais en Mán Común de Camposancos, traballando mán con mán co alumnado dos colexios de A Guarda, na plantación de árbores frondosas no monte Santa Trega
Fotos: C.MM.VV.M.C. de Camposancos
Infogauda / Camposancos
A Comunidade de Monte Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos quere facer partícipe á cidadanía dos últimos traballos relizados no monte Santa Trega.
Continuando co proxecto "Planta unha árbore, planta futuro", iniciativa promovida pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, o pasado venres día 22 de marzo, 30 alumnas/os do Colexio San José das HH. Carmelitas, de A Guarda, acompañados polos profesores Bea e Iván, fixeron unha excursión a pé dende o colexio ata As Chans, no monte Santa Trega, na aba de Camposancos. Grazas a esa colaboura de profesores e alumnado, o Parque Padre Baltasar Merino conta con 70 novas árbores frondosas (oliveiras, sobreiras, carballos, acivros e castiñeiros), e dese xeito a xunta reitora da devandita comunidade de montes, da por concluidas as plantacións por este período.
Alumnos a profesores, en plena actividade de plantación de árbores frondosas na zoa de As Chans (Camposancos), no monte Santa Trega
“Foi moi gratificante mirar con que ilusión involucráronse. Non hai verbas para expresar a ledicia deses momentos tan máxicos. Moitas grazas. O monte é de todos e entre todos temos que poñelo en valor”, dixo a este xornal dixital, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.
“Esta actuación - engade José Fernando Martínez - está dentro do programa que a Comunidade de Montes da parroquia de Camposancos asinou co Concello de A Guarda o abeiro do plan da Deputación de Pontevedra para a creación de parques forestais. Este proxecto inclue eliminación en 18 hectáreas de acacias e eucaliptos, poda de todas as plantacións adultas da zona das Chans, tamén as de formación nas árbores novas, e a plantación de 1.300 árbores frondosas (prefiro chamalas así) e arbustos”.
En decraracións a este xornal dixital transfronteirizo, o presidente dos comuneiros de Camposancos díxonos tamén: “Para a deforestación e tratar de eliminar a familia das acacias, mimosas e eucaliptos da aba Este do Trega empregamos a 6 operarios que tamen plantaron 1.000 árbores e arbustos nos lugares de difícil acceso para os escolares.
A este colectivo do Ensino (directores, mestres, ANPAS e alumnos) de tódolos colexios de A Guarda estámoslle sumamente agradecidos.
Nós entendemos que esta é a mellor forma de concienciar e formar as futuras xeracións, de que o monte é futuro, e necesitámolo para unha mellor calidade ambiental e por conseguinte, de vida”.
OBXECTIVO: ERRADICAR ÁS MIMOSAS E OS EUCALIPTOS
José Fernando Martínez Martínez relembra que “fai agora tres anos, a actual xunta reitora fixémonos cargo da Comunidade de Montes, co propósito de eliminar a praga de acacias que invadía - e sigue mui presente ainda no Trega - así como os eucaliptos. A día de hoxe na vertente o Miño xa erradicamos o 90%, e no seu lugar co apoio dos colexios, en só tres anos plantamos 3.000 árbores frondosas (carballos, nogueiras, castiñeiros, cerdeiras, oliveiras,...) que nuns anos farán do Trega un parque semi urbano, e dese xeito, os veciños poderemos subir a disfrutar e admirar unha variedade plural de arboledo.
Quédanos pendente a guinda do pastel. A nosa ilusión é a de chegar a crear un arboreto (parque botánico en pequeno). Xa temos o lugar cáseque preparado para plantar máis de 100 variedades de árbores e arbustos elixidos para elo, dos cales plantaríamos 5 exemplares de cada especie”.
Dese xeito, a iniciativa dos comuneiros de Camposancos, maila colaboración de profesores e alumnos dos centros educativos de A Guarda, están desenvolvendo unha magnífica labor que máis cedo que tarde vai ser todo un referente digno das mellores loubanzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario