25 de mar. de 2019

A GUARDA

DEPORTES

FIN DE SEMANA CHEA DE  ÉXITOS PARA O CENTRO DEPORTIVO BAIXO MIÑO 
 



Informa: Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 A pasada fin de semana o Centro Deportivo Baixo Miño participaba en tres actividades á vez. 

 Por unha banda o grupo de baile moderno do centro Marcando Pasos participaba xunto ás súas compañeiras de  Nigrán no prestixioso concurso ANAPRODE 2019 que este ano se celebraba en Santiago de Compostela conseguindo un 1º premio  e cinco segundos premios.
 

 Un moi bo resultado que demostra que o traballo das nenas dirixidas pola súa profesora Nuria Castro cada vez é mellor. 

 Doutra banda na actividade de Judo, Brais Pereira competiu na liga nacional fichado polo Costa Teguise, gañando todos os combates que lle tocou disputar.



                                                     Equipo cadete


        Equipo cadete



 E en Lugo celebrábase o campionato galego infantil e cadete, onde os nosos judokas demostraron estar a moi bo nivel. Os resultados foron: 

Medalla de ouro para: Verónica Pérez e  Iago Álvarez.
Medalla de prata para: Alba González e  Nerea Romero.
Medalla de bronce para: Saray Vicente, Noa González, Víctor Adrover e Pablo  Cadilla 

5º posto:  Noé Fernández, Alberto Gándara e Miguel Portela.

 Zaira, Sabela, Teo, Ismael, Álvaro, Samuel e  Thaddeus non puideron subir ao  podium pero deron mostras de bo nivel.  

 Todos estes resultados máis o 5º posto de  Elena Cañibano na copa de Europa junior que se celebrou en Coimbra a fin de semana pasada, dan mostras que a base do club vén con gran nivel. 

 Desde a directiva do centro quérese dar o parabén a todos os deportistas e en especial aos profesores que traballan cada día con eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario