25 de mar. de 2019

A GUARDA

A OMIX organiza un obradoiro de proxectos artísticos e outro de inglés 
  

 Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil de A Guarda abre as inscricións para dúas novas actividades que terán lugar no mes de abril. 

Obradoiro de proxectos artísticos 

 Por unha banda iniciarase un obradoiro para a realización de proxectos artísticos, unha actividade que terá unha duración total de 3 horas e que se realizará no mes de abril nunha data aínda por confirmar. 

Obradoiro de inglés 

 Se os idiomas son un problema, neste obradoiro os participantes mellorarán o seu dominio do inglés no día a día, cun curso especial para a vida cotiá, que terá lugar os martes e xoves de 20:00 a 22:00 horas, cun prezo de 25€ ao mes. 

 Máis información e inscricións na OMIX da Guarda no teléfono 986 61 0000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario