23 de feb. de 2019

TOMIÑO

Curso de creatividade visual para fotografía e vídeo 2019

· O día 5 de abril, na Aula CEMIT, de 19:00 a 21:30 horas


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño organiza un curso de creatividade visual para fotografía e vídeo. 

 A imaxe dixital, a fotografía e o vídeo supoñen un amplísimo campo de experimentación. Con cámaras dixitais, réflex ou do móbil e con software moi sinxelo crearanse imaxes mesturando técnicas fotográficas, de vídeo e animación.  

 É preciso que cada participante conte cunha cámara e un ordenador.  

 Curso impartido por un licenciado en Comunicación Audiovisual cun Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais e Multimedia.     

 Venres de 19:00h a 21:30h.    

 A partir de 12 anos.     

 Aula CEMIT.     

 Inscrición 10€.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario