20 de feb. de 2019

PONTEVEDRA

PREVISIÓNS INFORMATIVAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Xoves, 21 de febreiro de 2019
   
AXENDA DA PRESIDENTA 

10.30 h: A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, xunto ao alcalde do Grove, José Cacabelos, visitan a obra de mobilidade “Actuación integral de seguranza viaria e mobilidade sostible na EP 9106 dende a EP 9101 ata a igrexa de San Vicente do Grove”. Punto de encontro: Igrexa de San Vicente. O Grove.  

20.00 h: A presidenta provincial, Carmela Silva, o director da editorial Galaxia, Francisco Castro e a coordinadora da publicación, Inma López Silva, presentan “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”. Salón de plenos do concello de Ponteareas. Xardíns da Xiralda s/n. Ponteareas.  

AXENDA DO VICEPRESIDENTE  

12.30 h: O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, xunto á deputada delegada dos centros de Príncipe Felipe Eva Vilaverde,ao deputado de Mobilidade Uxío Benítez, e ao alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visita as obras da nova glorieta e do novo acceso ás instalacións provinciais de Príncipe Felipe. Entrada centros de acollemento de Príncipe Felipe.
  
AXENDA DE DEPUTADAS E DEPUTADOS  

13.25 h: O deputado de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, inauguran a Feira Abanca CIMAG-GANDAGRO 2019 (III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería). Fundación Semana Verde de Galicia. Silleda.  

20.00 h: A deputada de Deportes, Chelo Besada, acode ao sorteo da Copa Deputación Masculina. Edificio Administrativo da Deputación. Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario