CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA MELLORES ACCESOS O CAMPING DE SALCIDOS
Nas imaxes, pódese observar como burdan a vía pública augas fecais, procedentes de rede saneamento municipal, diante das instalacions do camping de Salcidos
Fotos: C.G.
Infogauda / Salcidos (A Guarda)
O acceso o camping Santa Tecla, ubicado na Ribeira de Salcidos, no termo municipal de A Guarda, ten sido desde o comezo da actividade do devandito establecemento, motivo de queixa de moitos dos usuarios e tamén de moitos veciños da contorna. Desde aquela, a situación - referida os accesos - pouco mudou. O que si mudou sensiblemente e o referente a xerencia do camping, que logo de estar a fronte do mesmo a persoa que fora seu promotor, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Salcidos, estando presidida por Eloy Gómez Mariño, pudo sacar a subasta esas instalacions, sendo a arrendataria unha empresa cuxo xerente é natural e veciño de Salcidos.
As imaxes reflicten o estado do pavimento do vial de acceso a Ribeira, Xunqueira e camping de Salcidos
Con anterioridade a ese cambio na xerencia do establecemento de campismo, en decraracions a un redactor deste xornal dixital, un membro da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Salcidos, manifestou o propósito da devandita xunta reitora de acondicionar os accesos o camping, empregando uns novos materiais sen ningún tipo de impacto, nin medio ambiental, nin visual. Máis a Comunidade de Montes non dispón de medios económicos que permitan levar a cabo esa obra, e o mesmo tempo, a Administración correspondente, non semella ter disposición de que as cousas muden.
Esa é, en síntese, a situación.
E no día de hoxe, 28 de xaneiro de 2019, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, a seguinte proposta:
DEIXADEZ E ABANDONO NOS ACCESOS A XUNQUEIRA DE SALCIDOS
Dende fai moito tempo -cicais demasiado- tanto o Concello como as distintas administracións, éncheselles a boca de falar da capacidade e potencialidade do noso pobo cara o futuro, para logo mirar para outro lado, e a imaxe que ofrecemos o turismo, en canto a accesos a algunhas instalacións, son peores que nos peores lugares do planeta.
Esas administracións, deberían aportar solucións, pero con seus posicionamentos inamovibles, para con nós, permiten solucións prácticas, modernas e económicas noutras localidades, e senón que nos digan como se pode seguir tolerando o estado actual dos accesos a Xunqueira de Salcidos, que é a vía de arribar a un dos campings máis grandes e modernos de Galicia.
Nada máis escomenzar as choivas, o piso vólvese intransitable, e é tal a cantidade de ocos que dende a igrexa de Salcidos a entrada do camping, calquer vehículo, pon en xogo a súa suspensión ou a resistencia o mareo do conductor e acompañantes.
Levamos escoitando distintas propostas para darlle unha solución o firme da estrada, pero o que se pode facer na Praia das Catedrais para evitar danos medioambientais, está prohibido por parte da autoridade autonómica e aceptado polo goberno central na baixada a Xunqueira de Salcidos. Así vai pasando o tempo, e o problema se enquista máis e máis. Un desfase e unha situación esperpénticos que fan que moitos dos que veñen A Guarda, non repitan experiencia, namentras a economía local vai menguando, o igual que as ofertas de traballo durante a tempada de verán.
A solución non é como se ven demostrado co paso do tempo que a C.MM.VV.M.C. de Salcidos, malgaste os seus menguados recursos cubrindo e compactando zahorra cada seis meses, xa que no momento que chegan unhas chuvias, a situación volve a repetirse e florecen máis os ocos que as “prantas de tempada”, e iso que na maioría das veces, están “ben abonadas”, xa que os verquidos “incontrolados” polas tapas do alcantarillado, danlle “un olor especial” a toda aquela zona.
Por iso, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a dirixirnos o Concello, e as demais instancias das diversas administracións (provincial, autonómica e central) a fin de que ademais de abrir vías de financiamento para desenrrolar as obras, entre todos busquen de maneira urxente unha solución definitiva a esta situación de abandono e deixadez, que está perxudicando gravemente este acceso a zona da Xunqueira e tamén incidindo gravemente na actividade comercial do camping alí situado.
A Guarda, a 28 de xaneiro do 2.019
Celso R.Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario