RECOLLIDA DE SINATURAS PARA RECLAMAR MELLORAS NA ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Vigo recolleu hoxe 700 sinaturas
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Vigo recolleu hoxe 700 sinaturas para reclamar melloras na atención á dependencia na mesa informativa instalada na rúa do Príncipe, nas inmediacións do MARCO, de 11:00 a 13:00 horas. Dende o inicio da campaña posta en marcha pola CIG recentemente, o Colectivo vigués xa recolleu máis de 1.500 sinaturas entre a veciñanza da bisbarra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario