19 de dec. de 2018

TOMIÑO

NADAL EN TOMIÑO CON ADETO   


ADETO / Tomiño


 ADETO iniciou a súa campaña de Nadal en positivo. Nestes tempos en que as grandes superficies e internet lle están facendo moita competencia o pequeno comercio, a asociación de comerciantes impulsa unha campaña de gratitude a todos aqueles cidadáns que día a día se achegan ós negocios locais a facer as súas compras, tomar un café, cortar o pelo, etc. Por iso os clientes atoparán diferentes frases o entrar nos establecementos asociados nos que se lles da as grazas por estar presentes cada día, frases como “Grazas por ser parte da nosa historia”, “Coa túa compra fasnos especiais, grazas” ou “Estamos agradecidos porque non estariamos aquí sen clientes leais coma ti”, entre moitas outras.  

 Unha campaña na que os consumidores do comercio tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificativo da campaña, recibirán papeletas para cubrir e poderán participar no sorteo de diferentes agasallos e cheques-regalo, repartíndose en total 2.000€. Esta campaña rematará o día 5 de xaneiro. O sorteo dos vales celebrarase o día 11 de xaneiro no local de Adeto ás 21 horas. 

 Como parte das actividades que a asociación está a levar a cabo o día 22 de decembro haberá un pasarrúas da Rondalla C.C. A Merced de Chain ás 12 horas.  

 Ademais os días 23 e 30 de decembro haberá establecementos abertos para axudar a facer as compras de Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario