13 de dec. de 2018

O ROSAL

EDUCAR EN FAMILIA: “LÍMITES, CASTIGOS E REFORZO POSITIVO”

Martes, 18 de decembro ás 19:30 horas, no Salón de Exposicións (Baixo do Concello)

Infogauda / O Rosal

 “Límites, castigos e reforzo positivo” será o tema da última das charlas do ciclo Educar en familia a cargo do terapeuta Esteban Figueirido Woodford que organiza o Concello do Rosal, e que terá lugar o martes día 18 de decembro ás 19:30 horas no Salón de Exposicións (Baixo do Concello).

 O ponente tratará de dar alternativas positivas e solucións ante situacións de conflicto familiar. Tamén orientará como establecer relacións de respecto, e fomentar a empatía entre os membros da familia. 

 Haberá servizo de canguro gratuíto para nenas/os de 3 a 12 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario