24 de dec. de 2018

DEPORTES

PIRAGÜISMO

SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 1ª COPA GALEGA DE SLÁLOM

 Ainhoa Barreiro

Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera

 O pasado sábado día 22 de decembro, celebrouse en Mondariz Balneario a 1ª Copa Galega de Slálom nas augas do río Tea. Organizada polo Club Tea de Mondariz, contou coa presencia do mellor do slálom galego.  

 Os Teixugos acudiron con oito deportistas, moitos dos cales fixeron dobre  participación, en kaiak e canoa. 

Alba Soutelo

 En muller cadete Ainhoa Barreiro fixo unha moi boa competición, e foi a gañadora tanto en K1 como en C1. A súa compañeira de equipo Alba Soutelo rematou segunda en K1 e quedou fóra das finais en C1.  

Sergio Rodríguez 

 Alexis Segadaes
Samuel Castro

 En home cadete Sergio Rodríguez foi prata en K1 por detrás de Mario Otero do equipo anfitrión, o Tea; e na mesma modalidade, Alexis Segadaes acadou finais, pero non medalla, rematando quinto. En canoa Samuel Castro foi tamén segundo, por detrás de Brais Caride do Club Penedo, sendo os dous únicos canoístas cadetes que fixeron final. 

Manuel Ochoa
Luís  

 Brais Castro

 Na categoría sénior, Manuel Ochoa foi o único representante Teixugo en K1, nas clasificatorias marcou o mellor tempo da competición, cunha baixada perfecta e sen penalizacións, xa nas finais, fixo un bo percorrido, pero algo lento, rematando segundo por detrás de Axel Afonso do Tea. En C1 Luís foi o mellor tanto en clasificatorias como nas finais, acadando a medalla de ouro, Brais Castro fixo unha boa clasificatoria pero na final tivo algún fallo, que o deixou rozando medalla nun cuarto posto; Manuel Ochoa tamén foi quen de facer finais rematando quinto.  

 Na clasificación final por equipos o Club Penedo foi o gañador, seguido do Tea de Mondariz e en terceiro lugar o Club Deportivo Miño-Teixugos.  

 A próxima competición será a Taça Ibérica a celebrar nas augas do río Coura na aldea de Covas, Vilanova de Cerveira, organizada polo Miño-Teixugos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario