· Con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis
Infogauda / A Guarda
O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen cinema, animación musical polas rúas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, e a Cabalgata de Reis.


A programación de actividades do Nadal continúa o mércores día 2 na Casa dos Alonso cun Obradoiro infantil “Decora a túa casa” no que nenas e nenos da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 participantes. As prazas para esta actividade xa están esgotadas.


Esta é unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que as nais e pais teñan un tempo libre para facer compras na vila.
As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de xaneiro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla. Estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do alcalde, da concelleira de Turismo e da concelleira de Servizos Sociais.
O sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que sairá ás 18:00 horas, da dende a Alameda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán as rúas Rosalía de Castro e Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán as nenas e nenos entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos dende as súas carrozas.
Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando a vila e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario