1 de nov. de 2018

A GUARDA

CULTURA

Cinema, exposicións e Bebeteca 

Para dar a benvida ao mes de novembro 

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda programa para esta fin de semana varias actividades para todos os públicos coa proxección da película Animales Fantásticos, a exposición GalizAmérica e a “Bebeteca”, na Biblioteca Municipal. 

Programación: 

Venres 2 de novembro:  

 A Biblioteca Pública Municipal, sita no primeiro andar do Centro Cultural, acolle este venres día 2 de novembro ás 18:00 horas, unha nova sesión de “Bebeteca”, destinada a pais, nais e bebés de 0 a 3 anos de idade.  

 Esta actividade consiste nun diálogo coas familias asistentes na que se tratará o tema dos diferentes medos infantís propios desta idade e como os contos poden axudar para superalos.   

 Cada persoa recibirá un ha guía de lectura con información dos libros que están dispoñibles na biblioteca e outros.    

 A “Bebeteca” é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura ao bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo.  

 Tamén este venres, ás 21:00 horas, o salón de actos do Centro Cultural acolle a proxección da película Animales Fantásticos, enmarcada no ciclo Cinema de Outono promovido dende a Concellería de Cultura.  

 Non é preciso retirar tickets con antelación e a entrada é de balde.  

 Dende a Concellería de Cultura convídase a todos os que desexen asistir, a que participen nestas proxeccións de cinema.  

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural acolle tamén a exposición GalizAmérica, unha mostra que amosa o florecemento da cultura galega en América e compleméntase coa proxección do filme ‘A cicatriz branca’ de Margarita Ledo Andión.  

 O horario de visita de GalizAmerica este venres é de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.  

 Sábado 3 de novembro:  

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a exposición GalizAmérica. O horario de visita na xornada do sábado é de 10:00 a 13:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario