23 de out. de 2018

SOCIEDADE

CEA ANUAL DOS VETERANOS ARTILLEIROS DE CABO SILLEIRO 



Grupo de veteranos artilleiros da Batería de Costa de Cabo Silleiro 
Foto: Zaida

Ricardo Rodríguez Vicente / Gondomar

 Aí onde os véis, son algúns dos veteranos artilleiros dos reemprazos de 1974 e 1975, que cumpriron - voluntarios uns e polas súas correspondentes quintas outros- os seus respectivos períodos en filas, nas baterías de costa de Cabo Silleiro e de Monteferro. 

 Fieis ao seu encontro anual, volveron ao restaurante Expo, de Gondomar - con nova e xuvenil dirección (moita sorte Zaida e  compis), aínda que con idéntico bo facer culinario -, para celebrar a súa cea de confraternidade. 

 Chegaron desde as nobres terras do Val do Fragoso, Val Miñor e O Baixo Miño, con renovada ilusión por compartir un tempo, unhas viandas, decenas de anécdotas, recordos,... cos compañeiros da mili. Sen nostalxia, pero coa satisfacción do deber cumprido e de poder rememorar agora aquela época.   

 Houbo tempo para todo. Mesmo para comentar o estado da batería de Cabo Silleiro que xa tivo épocas mellores. Dos compañeiros que xa están no recordo de quen lles coñeceu. Dos entón capitáns Traseiras e Fidalgo,..., e mesmo do gratamente lembrado Rvdo. D. Jesús Espinosa. Un home que tiña mando en praza e soubo facer moito ben. Foi toda unha institución no Miñor. Con todo acerto dedicáronlle unha rúa no municipio de Nigrán.           

Ningún comentario:

Publicar un comentario