30 de out. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

NOVA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO EDIFICIO DO ACTUAL CENTRO DE SAÚDE   

Os populares salcedenses siguen traballando nas propostas para mellorar Salceda de Caselas  
  
Voceiro municipal, Ccncelleiras/os, membros do Comité Local e a presidenta de Novas Xeracións de Pontevedra

Infogauda / Salceda de Caselas

 Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, ven de anunciar outro dos proxectos que irán plasmados no contrato dos populares cos salcedenses nas próximas eleccións de maio de 2019.   

 O PP de Salceda leva meses facendo reunións con diferentes grupos de traballo, por iso, o seu voceiro anticipou outro dos proxectos cos que se pretende e quere mellorar o noso pobo, unha nova biblioteca municipal ubicada no edificio do actual centro de saúde”, dixo Rodríguez Davila a este xornal dixital.   

 Segundo manifesta Davila, “é coñecido o ruído que hai na actual Biblioteca para estudar, ler, concentrarse…, a nula insonorización da sala de estudo, engadindo a mala ubicación da mesma (praza do Concello) polo feito de que case todos os actos do noso pobo se celebran alí mesmo, o que fan case imposible ter un entorno tranquilo, sen ruidos e axeitado para o estudo, a lectura e a concentración precisa para elo”.   

 “Esta proposta de executar unha gran Biblioteca Municipal no actual edificio do Centro de Saúde é precisa, e así o reclaman os usuarios a través das queixas respeto da actual situación; desta forma conseguiríamos que a biblioteca estivese nun edificio ben situado, en zona moito máis tranquila, accesible e amplo, onde gañaremos ampliamente en espazos, calidade e sobre todo, en luminosidade, do que carecemos agora. Unha gran obra para un gran pobo”, afirma o voceiro popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario