16 de out. de 2018

DEPORTES

REMO

O C. R. ROBALEIRA FIXO HISTORIA NO XXII TROFEO INTERNACIONAL DE IOLAS CIDADE DE FERROL 

·E no Campionato Galego de Iolas 2018


C. R. Robaleira / A Guarda

 Nesta pasada fin de semana e cunhas inclemencias atmosféricas moi complicadas, o C. R. ROBALEIRA, desplazouse a Ferrol, para participar no Campionato Galego de Iolas e no XXII Trofeo Internacional “Cidade de Ferrol”, nos que debemos destacar os magníficos resultados obtidos, dado que en Cadetes Masculinos, se logrou  o 3º posto, que da dereito a participar no Campionato de España, e foron 5º no Trofeo Cidade de Ferrol. A tripulación de Cadetes, estivo formada por Hugo Carrero, Iago Martínez, Adrian Leyenda, Mario Lomba, e a timonel UxÍa Fernández  



 Quenes si crearon historia, xa que conquistaron este trofeo foron as Infantís Femininas, cunha tripulación formada por: Uxía Fernández, Beatriz Anselmo, Claudia Claro, Nieves Silva e o timonel Hugo Carrero.   


 A actuación de ROBALEIRA se complementou cunha iola mixta, en cadetes femininas, formada por Beatriz Anselmo (ROBALEIRA), Candela Martínez (C. R. CEDEIRA), Valeira López (C. R. ALICANTE), Cristina Blanco (C.D.G. CORVERA de Remo) e a timonel Ana Lago (REMO TUI), que obtiveron o 3º posto.  

 A todos e todas, a Xunta Directiva, quer felicitalos, así como tamén ao seu adestrador Francisco Javier Martinez, animándolles a seguir adestrando como ata agora, a fin de intentar obter un bo resultado no Campionato de España, e seguir acadando novas metas nesta especialidade nos distintos campos de regatas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario