16 de out. de 2018

LABORAL

IMPORTANTE SEGUIMENTO DOS PAROS EN UNÍSONO-VIGO

A pesar da tentativa de boicot por parte da empresa ao programar por sorpresa unha formación

Importante seguimento dos paros en Unísono-Vigo
Fotos: CIG

Infogauda / Vigo

 Importante seguimento dos paros en Unísono-Vigo na xornada de mañá (das 12 ás 14 horas) a pesar da tentativa de boicot por parte da empresa ao programar por sorpresa unha formación nunha das principais campañas. Convocados de xeito unánime desde o comité, os paros deste 16 de outubro teñen como obxectivo principal a modificación do procedemento de solicitude das vacacións, que, segundo denuncian, foi imposto de xeito unilateral pola empresa e dificulta enormemente as peticións. Os paros continuarán en quenda de tarde, de 19 a 21 horas. 

COMITÉ DE EMPRESA DE UNISONO VIGO INFORMA:     
   A empresa convoca ó Comité de Empresa a unha reunión o xoves 11/10/2018 para falar sobre o “procedemento de vacacións 2019” imposto unilateralmente pola empresa.
 Tras esta reunión e ante a escasa ou nula información da empresa sobre este procedemento, dende este Comité de Empresa entendemos que se debe seguir adiante ca folga parcial convocada para o día 16/10/2018 (dúas horas por quenda).
 A empresa non nos aclara a información solicitada polo Comité de Empresa, sendo a súa argumentación que o programa xa está “rodado” en Madrid, e en Vigo que? Solicitamos toda a información por escrito novamente, e a empresa indica que a remitirá para a semana, pese a estar solicitada dende Agosto por este Comité.   
 A día de hoxe non sabemos como funciona o aplicativo, nin como se van a valorar as nosas peticións (dende o departamento de quendas se indica que só se van a ler as observacións, pero non teñen a obriga de aplicalo; o Comité de Empresa ten claro que as observacións se teñen que ter en conta, xa que sen ter en conta estás observacións se pode terxiversar a petición), ou como se vai a comunicar  a concesión, denegación ou asignación das mesmas.   
 Tampouco se nos facilita unha solución para o persoal que no pode acceder ó aplicativo, xa que a única vía que dá a empresa é cubrilas nos postos  quiosco, fóra do teu horario laboral (cando non tes obrigación, nin facilita tempo para poder facelo en horario laboral) Tampouco da solución para o persoal de baixa médica, que nin ten comunicación do aplicativo, nin pode ter como acceder a el.
 BASTA XA!, a empresa pretende acurtar os nosos dereitos, e facer o que quere e dende este Comité de Empresa non llo imos consentir, non lle imos dar carta branca nas nosas VACACIÓNS.  
 A empresa ten que vernos unidas e unidos nesta loita, temos que dicir ata aquí!   
 Polo que este MARTES 16/10/18, é moi importante a vosa presenza, xa que o prazo de solicitudes de vacacións finaliza o 21/10, nestes paros (folga parcial) debes desligarte do teléfono e saír a acompañarnos  nos seguintes horarios: de mañá 12:00 a 14:00 e de tarde 19:00 a 21:00.
IMPORTANTE: ¿Sabes como cubrir as vacacións? ¿Sabes como a empresa as computará? ¿sabes o cupo dispoñíbel por semanas e días soltos?. Dende o Comité de empresa temos claro que si queredes facer algunha observación sobre as túas vacacións (como por exemplo, pedir días soltos en bloque, ou pedir en período non estival unha semana antes do verán e unha despois) o debes pedir nos comentarios do aplicativo. Como estes comentarios non figuran no informe que permite sacar a empresa, debes facer copia dos mesmos, ou ben cunha impresión do comentario, ou ben cun pantallazo. Esta cuestión é moi importante porque vos recordamos que as vacacións teñen que ser de común acordo entre empresa e a traballadora ou traballador, en caso de non ser así tes dereito a unha reclamación individual das túas vacacións nun xulgado e con proceso rápido.

 Este comité de empresa aclara que esta comunicación e estas medidas que se van a realizar son por unanimidade das 3 seccións membros deste Comité. Se tes calquera dúbida contacta con calquera delegada ou delegado en Unísono.  
 Informar, por último, que esta folga parcial só afectará ás traballadoras e traballadores contratadas/os por Unísono Soluciones de Negocio, S.A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario