16 de out. de 2018

A GUARDA

CCOO homenaxeará o día 18 as vítimas do franquismo

 · O acto cívico terá lugar ás 17:30 horas, na foxa común de Sestás

· Posteriormente, ás 19:00 horas, no Centro Cultural, o catedrático Xesús Alonso Montero ofrecerá unha charla-coloquio baixo o título «Camposancos: historia dun campo de concentración» 

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz - a esq. da imaxe - xunto con veteranos sindicalistas de CCOO, como Carmen Segurana Bedrina, Waldino Varela Martínez, Roberto Alonso Ucha (Tito),..., nunha edición precedente da homenaxe que CCOO ven desenvolvendo cada ano, na fosa común de Sestás
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro xoves, 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato comarcal da Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras de Vigo vai homenaxear as vítimas do franquismo, especialmente as que foron condenadas a traballos forzados no campo de concentración de Camposancos.

 O acto de homenaxe terá lugar ás 17:30 horas, diante da foxa común de Sestás (A Guarda), onde se fará unha ofrenda floral á que están convidados todos os grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.   

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto co catedrático Xesús Alonso Montero e representantes do sindicato de CCOO intervirán durante o dito acto de homenaxe.  

 Posteriormente, ás 19:00 horas, no Centro Cultural, haberá unha charla-coloquio onde Xesús Alonso Montero ofrecerá unha charla-coloquio no Centro Cultural da Guarda baixo o título «Camposancos: historia dun campo de concentración».

 Dende o Concello da Guarda e o sindicato CCOO se convida a toda a cidadanía da vila de A Guarda a participar nos devanditos actos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario