22 de out. de 2018

A GUARDA

Charla «Tempo de Saúde» coa Dra. Olga Villar

· Este xoves día 25 de outubro, ás 12:30 h., no Centro Cultural

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro xoves día 25 de outubro ás 12:30 horas, o Centro Cultural da Guarda acolle a charla «Tempo de Saúde», impartida pola doutora Olga Villar Moreira. 

 Esta charla formativa, aberta a todo o público, realízase grazas ao convenio de colaboración existente entre o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, para desenvolver unha serie de actividades formativas impartidas por profesionais da medicina destinadas á xuventude, a terceira idade e a asociacións e entidades de iniciativa social.

 A charla deste xoves está dirixida principalmente á xuventude guardesa, e onde se abordará a «Nutrición e saúde, Trastornos alimentarios». 

 Trátase dunha actividade que terá unha hora de duración e que rematará cun coloquio-debate coas persoas asistentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario