22 de out. de 2018

A GUARDA

O Concello iniciará a licitación da concesión de sete postos da Praza de Abastos 

Cuatro están situados na planta baixa e tres no primeiro andar

A concelleira de Comercio e o concelleiro de Emprego, diante de un posto da Praza de Abastos de A Guarda
Foto: Arquivo C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que o pasado xoves día 18 de outubro celebrouse a Xunta de Goberno local na que se acordou o inicio da tramitación para a licitación da concesión dos postos baleiros da Praza de Abastos da localidade.  

 Neste senso se licitará a concesión dos postos 1, 2, 12 e 15 da planta baixa e dos postos 5, B e D da planta alta.  

 Nestes momentos estanse a redactar os pregos de condicións para a concesión destes postos, que serán anunciados en próximas datas.  

 O Concello da Guarda segue apostando pola dinamización do Mercado Municipal da Praza de Abastos realizando diferentes obras de mantemento e mellora destas instalacións, promovendo tamén a incorporación de novos postos de venda, ampliando a oferta de produtos e servizos deste espazo comercial do casco urbano do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario