O Concello implícase na loita contra a violencia de xénero
· Coa súa incorporación ao Sistema de Seguimiento Integral de Violencia de Género (VioGén)
· Tamén deu a coñecer os datos de delicuencia, onde se rexistrou un descenso dun 12% con respecto ao ano pasado
· Coa súa incorporación ao Sistema de Seguimiento Integral de Violencia de Género (VioGén)
· Tamén deu a coñecer os datos de delicuencia, onde se rexistrou un descenso dun 12% con respecto ao ano pasado
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Marta Larriba García - no centro da imaxe - por recibida na Casa do Concello polo alcalde e membros da Corporación Municipal de A Guarda
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Marta Larriba García, asinando no Libro de Ouro do Concello, en presenza do alcalde Antonio Lomba Baz
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Marta Larriba García, asinando no Libro de Ouro do Concello, en presenza do alcalde Antonio Lomba Baz
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Este luns día 8 de outubro o Concello de A Guarda acolleu a celebración da Xunta Local de Seguridade, que contou coa participación da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Marta Larriba García; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Seguridade, Paulino Rodríguez González, así coma unha representación dos corpos e forzas de seguridade do estado e representantes dos Servizos Sociais e do CIM do Concello da Guarda.
Nesta reunión destacou a incorporación do Concello da Guarda ao Sistema de seguimiento integral en los casos de Violencia de Género (VioGén), da Secretaría de Estado de Seguridad del Ministerio del Interior, do Gobierno de España, un servicio destinado a previr situacións de risco e protexer á vítimas, que conta co apoio e implicación dos Servizos Sociais Municipais, o Centro de información á Muller (CIM) e a Policía Local, Policía Nacional e Guardia Civil.
Maica Larriba expuxo a necesidade de mellorar a visibilización dunha lacra da nosa comunidade actual como é a violencia de xénero, amosando o seu total rexeitamento e a posta en marcha de medidas inmediatas que faciliten a súa redución, engadindo que «todo o que se poda facer para mellorar a seguridade e a defensa dos dereitos das mulleres é unha prioridade». Tamén deu a coñecer os datos de delicuencia, onde se rexistrou un descenso dun 12% con respecto ao ano pasado, moi por riba da media galega do -0,5%.
Participantes na Xunta Local de Seguridade
Pola súa banda o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, amosou a súa satisfacción pola adhesión da vila ao proxecto VioGén, sendo un dos primeiros concellos da provincia de Pontevedra en facelo, recalcando a loita contra a violencia de xénero, moi importante coa implicación dende os propios municipios, implicando e colaborando con diferentes institucións e corpos e forzas de seguridade do estado, para que as mulleres saiban que non están soas e que contan co apoio das administracións e da cidadanía, resaltando a importancia de denunciar estes casos, dispondo de recursos para evitar situacións de risco.




Ningún comentario:
Publicar un comentario