A Corporación Municipal aprobou os festivos locais para o ano 2019
· Serán os días 16 de xullo (festividade da Virxe do Carme) e o 23 de setembro (festividade de Santa Trega)
Devotos da Virxe do Carme, portando á imaxe da patroa dos mariñeiros, logo da celebración eucarística na carpa do Portiño Novo
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
Na recente sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, entre outros asuntos incluidos na orde do día, foron aprobados os festivos locais para o ano 2019, que serán os días 16 de xullo (festividade da Virxe do Carme) e 23 de setembro (festividade de Santa Trega).
Vista da ermita de Santa Trega, o día da festividade da discípula de san Pablo
O Concello de A Guarda, continúa co criterio de poñer coma festividades locais aquelas datas con forte arraigo no municipio, coma son a festividade da Virxe do Carme e a romaría de Santa Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario