PATRIMONIO MARÍTIMO
A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PIUEIRO FAI PARTÍCIPE DOS SEUS PROXECTOS OS CENTROS EDUCATIVOS
· Entre eles os obradoiros que están previstos impartir e visitas o estaleiro onde estáse a construir unha réplica dos antigos volanteiros guardeses
· Entre eles os obradoiros que están previstos impartir e visitas o estaleiro onde estáse a construir unha réplica dos antigos volanteiros guardeses
Volanteiro guardés en fase de construcción nos estaleiros da empresa Astilleros El Pasaje, S. L., de A Pasaxe (Camposancos) A Guarda, para a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda está desenvolvendo unha constante actividade, da cal temos informado neste xornal dixital en diferentes ocacions, e con moito gusto o seguiremos facendo mentres nos sexa posible.
E nestes días de outono, a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro volta a xerar unha fermosa nova, o tomar a iniciativa de dirixirse os centros educativos de A Guarda e súa contorna, por medio dunha carta suscrita por Joaquín Cadilla Castro, presidente de Piueiro, e dirixida á dirección de cada un dos colexios.
O contido da carta a cal tivo acceso Infogauda e na que se adxuntan as dúas fotografías que publicamos nesta crónica, dí o seguinte:
Estimado Director:
Como ben saberá, a vila de A Guarda foi escollida pola Federación Culturmar para ser a sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, o cal terá unha grande repercusión na vila. O evento terá lugar do 11 ó 14 de xullo de 2019, e xa se está a traballar arreo con tódolos colectivos públicos e privados da vila para dar a coñecer todo o potencial guardés aos milleiros de visitantes que durante eses días achegaránse á nosa vila, por mar e por terra, dende diversos rincóns da península e dos países veciños.
Durante o Encontro terán lugar unha morea de actividades que xirarán en torno á cultura marítimo-fluvial da vila, celebrándose diversas exposicións, charlas, concertos, rutas de navegación, etc. É por iso que nos poñemos en contacto cos centros educativos da vila e da contorna, xa que algunhas destas exposicións tentarán amosar o material deseñado polos mozos da zona nos respectivos obradoiros que serán impartidos por membros da Asociación Piueiro.
Os obradoiros que se teñen previsto impartir son os seguintes:
· Obradoiro de nós mariñeiros
· Obradoiro de faluchos
· Obradoiro de construción de navíos
· Obradoiro de compases
Por outra banda, informámoslle que se está a construir no estaleiro do Minxos unha réplica exacta dun volanteiro guardés, un tipo de embarcación tradicional que desapareceu a principios do século XX e que era utilizada polos nosos antepasados para a pesca extractiva.
A embarcación está a ser construída polos únicos mestres carpinteiros de ribeira que quedan na vila, e será a derradeira embarcación que se constrúa no estaleiro. A embarcación, duns 12 metros de lonxitude, unha vez rematada, entrará a formar parte do patrimonio guardés para poder ser visitada e utilizada para a navegación turística.
Consideramos que é unha ocasión única para que os cativos da vila poidan visitar o estaleiro e presenciar a construción da embarcación, ademais de dar a coñecer unha profesión que está a piques de desaparecer. Por iso, queremos animar ós cativos a que se acheguen ata o estaleiro que está situado na pasaxe.
As características das visitas son as seguintes:
- En horario, de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 horas, e os venres de 15:30 a 18:30 horas.
- Grupos de 20/25 nenos.
- Duración da visita: 30 minutos.
- Cada colexio farase cargo do desprazamento.
- As visitas deberán ser notificadas cunha antelación mínima de tres días á dirección de correo electrónico:
administracion@orpagu.com
Ou ó teléfono 986 611 341
Esperando sexa do seu interese aproveitamos a ocasión para enviarlle un afectuoso saúdo.
Esperando sexa do seu interese aproveitamos a ocasión para enviarlle un afectuoso saúdo.
Atentamente,
Joaquín Cadilla Castro
Presidente
Ningún comentario:
Publicar un comentario