4 de set. de 2018

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Congreso: "La nación omnipresente. Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea"

· Xoves 6 (Facultade de Xeografía e Historia): 9:30 a 13:45 e 16:00 a 19:45 

· Venres 7 (Museo do Pobo Galego): 10:00 a 13:30


David Conde / Santiago de Compostela

 Os días 6 e 7 de setembro terá lugar en Santiago o congreso La nación omnipresente: Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea, que reunirá a expertos de diversas universidades españolas que tentarán ir máis alá da análise dos discursos nacionais (español e alternativos) para investigar un eido moito menos desenvolvido: cómo a identidade nacional era difundida e cómo era asimilada e interpretada polo común da poboación. Explorarase o papel do sistema educativo, o Exército, a literatura popular, a prensa ou o asociacionismo, entre outros. 

 Aínda que centrado no caso español, no congreso contarase con varias comunicacións que examinan tamén outros países e un dos obxectivos será precisamente calibrar ata qué punto España debe ser considerada un modelo peculiar ou unha simple variante de procesos de nacionalización das masas que se desenvolveron simultaneamente no conxunto do continente. 


 O comité organizador está composto polos profesores Justo Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo e Alfonso Iglesias. O congreso terá lugar o xoves 6 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia en horario de mañá e tarde e o venres 7 no Museo do Pobo Galego en horario de mañá. A entrada é libre. 

 Máis información premendo eiquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario