PREVISIÓN
PARA O LUNS 10 DE SETEMBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE
GALICIA
Luns,
10
11:00
horas
A
Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Inauguración
do XII Congreso internacional dá AIEG «Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio e
memoria», que se celebrará na facultade de Filoloxía da UCM (Universidade Complutense de Madrid) do
10 ao 15 de setembro, coa participación de máis de 200 especialistas en
diferentes campos dos estudos galegos procedentes de universidades de todo o
mundo.
No acto intervirán: o delegado da Xunta
en Madrid e director da Casa de Galicia, D. José Ramón Ónega López; o
secretario xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez; a
presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, D.ª Carmen Mejía Ruiz, e o presidente da Real
Academia Galega, D. Víctor F. Freixanes, quen pronunciará a
conferencia inaugural.
A Asociación Internacional de Estudos
Galegos (AIEG), que na actualidade preside a profesora titular de Filoloxía
Románica da UCM, Carmen Mejía, organiza os congresos con
periodicidade trianual e convértese en
“punto de encontro e foro de discusión para a investigación sobre a lingua, a
cultura e a historia de Galicia”.
Máis información en:
https:// www.aieg18.com/inicio-es
Para confirmar
asistencia: cmejiaru@ucm.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario