29 de set. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 1 AO VENRES 5 DE OUTUBRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA



Martes, 2
9:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da mostra de pintura da artista Ehlaba Carballo de Deus que baixo o título “Sigo a Plantar Árbores”, ofrece unha exposición cuxos lenzos plasman unha das realidades da súa vida. Ehlaba planta árbores no sentido literal pero ademais, nesta etapa, tamén o fai nos seus cadros, enchéndoos da felicidade que isto lle xera. 

A exposición “Sigo Plantando Árbores” da artista Ehlaba Carballo de Deus poderá visitarse na Salas A e  B da Delegación da Xunta en Madrid ata o 30 de outubro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.

Mércores, 3
19:30 horas 

 Presentación do libro "A choiva no mar. Unha antoloxía de poesía galega contemporánea", de Vicente Araguas, publicada en edición bilingüe por  Sial  Pigmalión. Araguas, ferrolán de Xuvia-Neda, sinala que se trata dunha obra persoal e que de ningún xeito pretende ser “a antoloxía”, pero nela están 26 poetas, “unha ampla variedade que ilustra e entretén”.

Intervirán no acto, ademais do coordinador da antoloxía Vicente Araguas, os poetas  antologados na obra: Antonio Domínguez Rey, Miguel  Anxo  Fernán-Lanuxe, Manuel Pereira e Luz Pichel; así como o  presidente do Grupo Editorial  Sial  Pigmalión,  Basilio Rodríguez  Cañada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario