29 de set. de 2018

GALICIA

CULTURA MARÍTIMA

1993-2018
25 ANOS NA SALVAGARDA
CULTURMAR

Lenzos mariños no Obradoiro

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS PIUEIRO, DE A GUARDA PARTICIPA NESE EVENTO

Na imaxe dous membros da xunta directiva da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda, ultimando á presentación da gamela adaptada "A Roncadeira", na Praza do Obradoiro, de Santiago de Compostela
Fotos: Piueiro


Ricardo Rodríguez Vicente / Santiago de Compostela

 Desde este sábado día 29 de setembro ao sábado 6 de outubro de 2018, a Praza do Obradoiro, de Santiago de Compostela, acolle Lenzos mariños no Obradoiro. Trátase dunha mostra de 20 embarcacions tradicionais de Galicia, incluida no programa CULTURMAR, 25 ANOS NA SALVAGARDA (1993-2018), co que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial conmemora seu XXV aniversario de actividade e prol da "recuperación de embarcacións e tipoloxías tradicionais; realización de investigacións no eido patrimonial costeiro e marítimo; dinamización das embarcacións mediante a realización de regatas e exhibicións conxuntas; difusión do patrimonio marítimo e fluvial galego; e fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares costeiros".

 Entre outras embarcacions tradicionais de Galicia presentadas por diversas asociacions integradas na devandita federación; na mostra Lenzos mariños no Obradoiro está representada a gamela de A Guarda, concretamente a embarcación "A Roncadeira", adaptada para facilitar a navegación con persoas con limitacións de mobilidade. 


"A Roncadeira", diante do Pazo de Raxoi

"A Roncadeira"propiedade del club Alagua (Asociación de lecer acuática guardesa), coa que esta entidade ten feito paseos e vela, achegando á cidadanía a navegación a vela nunha embarcación tradicional; foi presentada na capital de Galicia pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda.

Xunto con outras embarcacions tradicionais de Galicia, a gamela "A Roncadeira", fronte a catedral de Santiago de Compostela

 Asemade, ás 19:00 h., deste sábado, coa actuación do gaiteiro Xaime Estévez Quesada, foi inaugurada Fasquías de outrora, singraduras de futuro, exposición conmemorativa do XXV aniversario de Culturmar.

 A mostra complétase coa edición e publicación do Caderno de embarcacions tradicionais de Galicia e visitas guiadas para escolares, ambas actividades en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.

PIUEIRO XA COMEZOU A CONSTRUCCIÓN DO SEU VOLANTEIRO

 Como xa informamos oportunamente, a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda xa ten en construcción seu bote volanteiro. Segundo afirmou a este cronista, José Benito Rodríguez González (Tito Chirro), vice-presidente de Piueiro "(...) a quilla xa está montada no potro - de Astilleros El Pasaje, de Camposancos (A Guarda) -, e xa conta coa roda de proa e a roda de popa. Próximamente comezará o serrado das cuadernas, e a posterior colocación da cuaderna maestra e deseguido tódolas demais (...)".

  Por outra parte, o presidente e o secretario de Piueiro, Joaquín Cadilla Castro e Celso R. Fariñas, respectivamente, xa fixeron as xestions oportunas para conquerir á cesión das liteiras necesarias a instalar no pavillón de Solanas, e dese xeito ofrecer as mellores condicions de descanso posibles, os tripulantes e voluntarios das 140 embarcacions tradicionais que participarán no XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo de 2019, no porto de A Guarda.

 Asemade, membros da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro están atendendo diariamente á exposición Marcas dos Mariñeiros de Póvoa de Varzim e de A Guarda, que ata o día 6 de outubro, pode visitarse na Casa dos Alonso, de A Guarda.

 Como se pode comprobar a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro está traballando de xeito efectivo a fin de lograr que o XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia resulte o máis exitoso posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario