15 de set. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda solicita á Xunta de Galicia unha partida orzamentaria para a nova Escola Infantil Municipal  

A infografía amosa como quedará exteriormente a futura Escola Infantil Municipal a ubicar nas antigas vivendas dos mestres, na rúa Puerto Rico, en pleno centro urbano de A Guarda
Fonte: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 «O Concello da Guarda ven de enviar o Proxecto de Execución da futura Escola Infantil Municipal ao Conselleiro de Política Social e ao Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, paso previo para incorporalo nos orzamentos e para a súa posterior posta en marcha, dunha infraestrutura educativa moi necesaria no noso municipio». Dese xeito o afirma o executivo municipal do Concello de A Guarda.

Infografía da cuberta e parte posterior, da futura Escola Infantil Municipal de A Guarda

 Segundo afirmaron ás mesmas fontes a este xornal dixital «a incorporación aos orzamentos deste proxecto é un paso moi importante para dar unha solución á demanda existente no noso municipio de prazas para educación infantil, contando, neste ano 2018, con 36 nenos e nenas que se quedaron sen praza para este curso.  

 É obvio a necesidade de incrementar estas prazas e a necesidade dunha nova Escola Infantil Municipal, ante o desvío de escolares a escolas doutras localidades veciñas. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba clarexou que «non podemos permitir que os pais e nais teñan que levar aos seus fillos e fillas a escolas doutros municipios limítrofes, é preciso realizar esta inversión na Guarda e atender ás súas demandas, ofertando un servizo de calidade no seu propio pobo, evitando desprazamentos e molestias innecesarias».  

 Despois de manter xa varias xuntanzas co Conselleiro de Política Social e co Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, existe unha boa vontade de incorporar aos orzamentos da Xunta de Galicia este necesario e importante proxecto».

Ningún comentario:

Publicar un comentario