18 de set. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda liquidou o exercicio 2017 

Cun remanente positivo de tesourería 


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal ven de dar conta que «o Concello da Guarda ven de aprobar o decreto da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2017 cun saldo moi favorable para as arcas municipais, grazas a o esforzo levado a cabo dende as diferentes concellerías, que supuxo un remanente favorable de tesourería para gastos xerais de 1.212.490,24€, o departamento de Facenda destaca que é o dato máis elevado da serie histórica.  

 A liquidación de contas do 2017 amosa un resultado orzamentario positivo de 2.419.859,90€ e o cumprimento por parte do Concello da regra do gasto, do criterio de estabilidade e tamén do cumprimento do equilibrio orzamentario.  

 Este remanente favorable vai permitir, entre outras actuacións, a futura compra do campo de Fínola, ao carón da Alameda da Guarda.  

 O Concello da Guarda ingresou no exercicio 2017 un total de 7.368.784,56€, sendo o gasto total para este exercicio de 6.957.314,19€.  

Período medio de pago a provedores 

 Outro dato salientable é o período medio de pago a provedores, no segundo trimestre de 2018 o período medio de pago a provedores se sitúa nos 12,35 días, moi por debaixo doutros concellos e da media autonómica de 33 días a media da administración central de 46 días.   

Débeda cos bancos 

 En canto á débeda cos bancos, o Concello da Guarda conta cun endebedamento excepcional, moi inferior aos de anos anteriores. O equipo de goberno leva anos facendo un esforzo, adoptando medidas en canto ao control do gasto, racionalización e eficiencia, recordando que no ano 2006, o endebedamento cos bancos foi de 2.150.606,64€, chegando no exercicio do 2017 a un endebedamento histórico de 0€, xunto con esta cifra de endebedamento 0€ podemos salientar tamén de que así como o endebedamento con provedores no ano 2006 situábase en 2.238.488,47€, a data de 31 de decembro de 2017 o Concello da Guarda tiña unha débeda con provedores de 436.509,47€»

Ningún comentario:

Publicar un comentario