18 de set. de 2018

VIGO

A Xunta de Galicia autoriza a apertura dun casino en Vigo que permitirá xerar tanto un incremento na actividade económica como no emprego da cidade olívica 

· A posibilidade de abrir un novo Casino en Vigo produciuse grazas á modificación da normativa que impulsou a Xunta, en resposta ás demandas do sector

Infogauda / Vigo

 A Xunta de Galicia autorizou a apertura unha sala adicional do Casino de A Toxa no concello de Vigo unha vez examinada toda a documentación requirida. Esta sala adicional estará situada no centro comercial A Laxe e permitirá potenciar e xerar actividade económica directa e indirecta na cidade, así como a conseguinte xeración de emprego.  

 A posibilidade de abrir un novo Casino en Vigo produciuse grazas á modificación da normativa, que impulsou a Xunta, en resposta ás demandas do sector. Tal e como se tiña anunciado, o Goberno galego estaba a traballar para posibilitar a apertura dunha sala de casino en Vigo, unha situación que a lexislación anterior á modificación non permitía, a non ser que se pechase o da Toxa, coa conseguinte perda de emprego e actividade na comarca, xa que a lexislación establecía que só podería haber un casino por provincia.  

 Despois de traballar na modificación, consultar ao sector e analizar a cuestión xuridicamente e dada a súa relevancia económica introduciuse unha modificación da actual Lei do xogo, de tal xeito que se permitiría aos casinos actuais instalar unha sala adicional que se atopase situada fóra do recinto actual e na mesma provincia, tal e como é o caso desta nova sala adicional do casino da Toxa en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario