Novo horario de inverno no Museo do Mar e no Centro de Interpretación da Fortelaza de Santa Cruz
Visitantes no Museo do Mar de A Guarda
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que «a partires desta fin de semana modifícanse os horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de inverno.
O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede Municipal de Museos, será de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h os sábados, domingos e festivos».
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia, ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Centro de Interpretación
Vista parcial do Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas
O Centro de Interpretación das fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz de A Guarda, conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 anos
•Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
Ningún comentario:
Publicar un comentario