DEPORTES
A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA “XUNTANZA” ORGANIZA Á XXXII CARREIRA POPULAR
Celebrarase o domingo día 26 de agosto, ás 10:00 da mañá, no Adro da Guía, en Randufe
Informa: Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe /Randufe (Tui)
Como ben saben, participar nesta Carreira Popular é gratis. Por suposto, este ano tamén o será, pero a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe porá en marcha, outro ano mais, unha OPERACIÓN KILO aos pés da carreira para recoller alimentos non perecedoiros coa finalidade de colaborar coa ONG SOS TOMIÑO e, en definitiva, cos nosos veciños que precisan da nosa axuda.
Polo tanto, pedimos a todos os corredores que aporten o seu graíño de area e depositen a súa pequena colaboración ao recoller o seu dorsal. Grazas de antemán!
Exemplos de alimentos cos que colaborar: cacao, leite, aceite, sal, fabas, lentellas, atún, azucre, café, comida para bebés, fariña, froita e legumes en conserva, leite en pó,...
A primeira carreira será a dos máis maiores (de 17 anos en adiante) e logo o resto das categorías (adxuntamos nun documento os mapas dos percorridos e as categorías).
A primeira carreira sairá ás 10. Non obstante, recomendamos vir coa prudente antelación para recoller o dorsal (de 8:30 a 9:30 am). É imprescindible presentar o DNI.
NORMAS XERAIS
- Cada corredor/a será responsable dos seus actos. Non obstante, coma todos os anos, Xuntanza disporá da colaboración de Cruz Vermella para paliar os danos que poidan sufrir durante a carreira.
- Cada corredor/a deberá solicitar o seu dorsal ao lugar habilitado a tal efecto, onde van poder deixar o produto non perecedoiro da “Operación Kilo”. Todos deberán correr co dorsal, colocado na parte frontal da camiseta, e telo á vista á chegada a meta se queren figurar na clasificación.
- Unha vez finalizados todos os percorridos, as clasificacións publicaranse nos taboleiros.
- Ao final da carreira teremos auga, froita,… para todos os participantes. Para recibir este avituallamento é necesario entregar o dorsal.
- A entrega de premios farase ao rematar todos os percorridos.
- Queda terminantemente prohibido tirar calqueira desperdicio ao chan ao longo da carreira.
Para calqueira dúbida poden contactar con nós no número de teléfono 646 646 500 ou no enderezo electrónico: carreirapopularxuntanza@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario