CULTURA
“El Abrazo del Sauce”, de May Ferreira
· O libro preséntase o xoves día 16 de agosto, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural
· Ademáis da autora, no acto de presentación deste libro contarase coa presenza de Manuel Campo Vidal, presidente da Academia de Televisión; Xosé Manuel Malheiro, profesor da Universidade da Coruña, doutor en Pedagoxía e Didáctica; e Manuel Novás, arquitecto técnico.
· Ademáis da autora, no acto de presentación deste libro contarase coa presenza de Manuel Campo Vidal, presidente da Academia de Televisión; Xosé Manuel Malheiro, profesor da Universidade da Coruña, doutor en Pedagoxía e Didáctica; e Manuel Novás, arquitecto técnico.
May Ferreira, autora da novela “El Abrazo del Sauce”
Infogauda / A Guarda
Este xoves día 16 de agosto ás 21:00h terá lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación do libro “El Abrazo del Sauce” de May Ferreira.
No acto de presentación deste libro contarase coa presenza de Manuel Campo Vidal, presidente da Academia de Televisión, xornalista, directivo en medios de comunicación e sociólogo: Xosé Manuel Malheiro, profesor da Universidade da Coruña, doutor en Pedagoxía e Didáctica; e Manuel Novás, arquitecto técnico e directivo.
“El Abrazo del Sauce” é una novela que relata a vida de Elena, una nena na década dos anos 80, cando a súa nai falece nunha remota aldea galega, o que lle obriga a saír do mundo rural e mudarse á capital, pasando tamén por países de latinoamérica. Elena Vidal aprende que a felicidade se agocha nos pequenos momentos da vida, ocasións sinxelas. Unha de retos, descubrimentos e desafíos.
May Ferreira
Afeccionada á escritura dende xove, con esta novela quedou entre os tres finalistas deste ano nos Premios Planeta, gañando varios premios de novela curta e contos da época universitaria.
May Ferreira está casada e ten dúas fillas, reside na actualidade en Madrid, onde dirixe o departamento de Formación e Desenvolvemento nunha consultora de Recursos Humanos.
Licenciada en Dereito, ten unha ampla formación de post grado, tanto no ámbito da xestión empresarial, como especialización en Recursos Humanos. Ten unha ampla traxectoria laboral. É autora de diversas obras na súa área de especialidade: “Motivación”, “O conflito nas organizacións”, “Novas tendencias de Formación”, “Mentoring”, “A transformación dixital”, etc.
May Ferreira traballa na actualidade na súa terceira novela que tamén se transcorre en terras galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario