21 de ago. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

Basta de Feminicidios, o machismo mata 

Concentración hoxe martes, ás 20:30 h., na Praza do Reló, da Guarda 


Informa: Beatriz Lomba / A Guarda

 Desde o grupo de Acción Feminista do Baixo Miño condenamos o novo caso de violencia de xénero no que “o machismo segou a vida a unha muller” no noso país, Ana Belén Varela asasinada en Cabana de Bergantiños, terceira vítima galega no ano 2018. Así mesmo facemos un chamamento  na comarca do Baixo Miño a  apoiar  todas as mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, no caso da nosa comarca, terá lugar hoxe martes  21 de agosto ás 20:30 horas na Praza do Reló da Guarda,  e instamos ás institucións e concretamente as que contan con competencias na loita contra a violencia de xénero como a Xunta e o Goberno do Estado, a empregar “máis medios e recursos” e sensibilizar a través da educación contra a desigualdade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario