28 de ago. de 2018

A GUARDA

Comezaron as obras de ampliación e construción dun parque de patinaxe no Porto da Guarda  

Ata o lugar trasladáronse o alcalde da Guarda, acompañado da concelleira de Turismo, o concelleiro de Vías e Obras e o concelleiro de Deportes - Foto: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

 Este luns día 27 de agosto iniciáronse na zoa de Fontiña, no porto da Guarda, as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de patinaxe e zona deportiva e de ocio infantil.  

 Ata o lugar trasladáronse o alcalde da Guarda, acompañado da concelleira de Turismo, o concelleiro de Vías e Obras e o concelleiro de Deportes, para  visitar o arranque das obras e supervisar os traballos que alí se realizarán nos vindeiros días.  

 Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.  

 O proxecto inclúe a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a actual pista multiusos e albergar a nova pista de patinaxe, que contará cun cunco e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, cunhas medidas de  46m x 18,20m.

Ningún comentario:

Publicar un comentario