13 de ago. de 2018

A GUARDA

Nova sesión do Cinema de Verán ao aire libre 

O venres día 17 de agosto, ás 22:00 h., na Praza do Reló 

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrase na Praza do Reló do municipio cun total de 3 sesións de cinema para todos os públicos.  

 A primeira cita tivo lugar o 11 de xullo coa proxección de “Un Italiano en Noruega”, unha das películas máis “taquilleiras” en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores, seguida da proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50, o día 1 de agosto. 

 E para rematar, o venres día 17 de agosto, ás 22:00 horas, terá lugar a proxección de “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.  

 Dende a Concellería de Cultura animan a todos os veciños e visitantes a gozar desta última proxección ao aire libre na Praza do Reló.

Ningún comentario:

Publicar un comentario