23 de ago. de 2018

A GUARDA

· Exposicións, gastronomía, música, visitas guiadas, praias,... 

Para continuar gozando o verán na Guarda

Vivenda castrexa no xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega (A Guarda), un dos lugares máis fermosos e visitados de Galicia
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Guarda chega a unha nova fin de semana de agosto cunha ampla programación cultural con exposicións - no Centro Cultural, na Casa dos Alonso e no Museo do Mar -concertos de Música nas Prazas e o Festival de Bandas Vila da Guarda, visitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega e o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT); gastronomía, animación, patrimonio histórico e natural, praias,... Para continuar gozando o verán na Guarda.

Programación por días  

Venres 24: 


 A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.

 Horario de visitas: De 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. 


 A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de luns a venres de 9:00h a 14:00h. 


 Este venres día 24 de agosto de 2018, a Praza de San Amaro de Camposancos acolle a segunda cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Bieito Solo» ás 22:00h. 


 Dende as 21:00h a Alameda da Guarda acolle a primeira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical.  

Sábado 25: 


 Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

 A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos».

 Horario de visitas: de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. 

 Ademais este sábado ás 12:00h na Casa dos Alonso realizarase un obradoiro coas alfombristas da Guarda, de carácter aberto e para todos os públicos, contará coa colaboración da recentemente creada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda. 


 Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares

 Horario de visitas: De 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos. 

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h.
  

 A Praza de San Bieito da Guarda acolle este sábado ás 20:00h o XII Festival de Bandas «Vila da Guarda», unha cita musical que contará coa participación da Banda de Música da A.V.C.D. de Candeán, a Banda da Escola de Música de Rianxo e coma anfitrioa a Agrupación Musical da Guarda.   

 De 12:00h a 16:00h e de 20:00h a 00:00h a Alameda da Guarda acolle a segunda xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, contando con actividades para nenos, artesanía e amenización musical. 

Domingo 26: 

 Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

 Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”-

 Horario de visitas: De 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos. 

 A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos»-

 Horario de visitas: De 12:00h a 14:00h. 

 Dende as 11:00h a Alameda da Guarda acolle a terceira xornada da VII edición da Festa do Percebe e dos produtos do mar e da terra, con actividades para nenas/os, artesanía e amenización musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario