25 de xul. de 2018

TOMIÑO

O CONCELLO INVESTIRÁ 350.000 EUROS EN REMODELAR O CAMPO DE FÚTBOL DO ALIVIO 

A SUBSTITUCIÓN DO CÉSPEDE NATURAL POR UN ARTIFICIAL E O CAMBIO COMPLETO DA ILUMINACIÓN PERMITIRÁ UN IMPORTANTE AFORRO EN MANTEMENTO 



Infogauda / Tomiño

 O campo de fútbol municipal do Alivio vivirá unha importante mellora nos próximos meses. O Concello de Tomiño executará unha profunda reforma do estadio, onde a principal actuación será a sustituición integral do actual do céspede natural por un de herba artificial. O obxectivo, en palabras do concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, “é dotar ao campo do Alivio da máxima utlidade. O que queremos é que poidan utilizalo cantos máis equipos mellor”. O paso de céspede natural a artificial permitirá ademáis ao Concello aforrar un considerable gasto en termos de mantemento.  

 Ademais, executarase unha nova rede de drenaxe (canalizacións, arquetas e pozos de rexistro; unha nova rede de rego (equipo programador de presión, sondas electrónicas de nivel,…), dotarase ás instalacións dun novo equipamento deportivo, que incluirá, entre outras moitas cousas, porterías. 

 Outra das actuacións destacadas será a instalación dunha nova iluminación. Substituiranse os proxectores existentes por novos proxectores led, que permitirán tamén conquerir un aforro importante para as arcas municipais. 

  O Concello sacará próximamente as obras a licitación e desexa que as actuacións estén rematadas en outubro. O orzamento da actuación é de 350.000 euros, investimento que foi aprobado con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario