O ROSAL MEDRA CONTIGO
Cando naza un bebé, a cada familia entregaráselle información variada sobre as axudas das administracións, os programas que a Xunta de Galicia ten en marcha para as familias e tamén sobre a educación en igualdade
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal acaba de poñer en marcha o proxecto “O ROSAL MEDRA CONTIGO”.
Con esta iniciativa quere dar a benvida aos bebés que nacen no Rosal e que medrarán e convivirán nos nosos barrios e parroquias. Cando naza un bebé, a cada familia entregaráselle información variada sobre as axudas das administracións, os programas que a Xunta de Galicia ten en marcha para as familias e tamén sobre a educación en igualdade, xa que é responsabilidade do concello velar pola igualdade entre nenos e nenas.
Así mesmo farase entrega a cada familia dun pequeno carballo, árbore nosa autóctona, co compromiso de que sexa prantado no xardín familiar ou nun dos montes do noso concello, para que medre xunto co bebé e sexa un pequeno vínculo coa nosa terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario