20 de xul. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

O feminismo galego convoca concentracións o venres 20 de xullo en repulsa á violencia machista 

Nas sete cidades e nas Pontes, Betanzos, Ponteareas, Ribadeo e Viveiro


CIG

 A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este venres, 20 de xullo, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de María Judite Martins Alves, de 57 anos, degolada polo seu marido na Coruña.     

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta. 

Horas e lugares das concentracións:

  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • Compostela, 20 h Praza 8 Marzo
  • Ferrol, 20 h diante do Concello
  • Betanzos, 20 h diante do Concello
  • As Pontes, 20 h Praza do Hospital
  • Ponteareas, 21:30 h diante dos Xulgados
  • Ourense, 20 h na Castañeira
  • Lugo, 20 h diante do Concello
  • Ribadeo, 20:30 h Praza 8 de marzo
  • Viveiro, 20 h Praza da Fontenova
  • Pontevedra, 20 h diante da Audiencia Provincial
  • Vigo, 20 h no MARCO

Ningún comentario:

Publicar un comentario