PREVISIÓN PARA O MARTES 3 DE XULLO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Martes, 3
9:30 horas
Inauguración de "PERCEPCIÓNS", mostra de pintura do artista lucense Manuel Carballeira, na que ofrece a evolución das súas creacións, o perfeccionamento da súa técnica e a gran calidade das súas obras que son homenaxe a Galicia, as súas xentes e paisaxes.
A pintura de Carballeira é fundamentalmente figurativa, realista e en ocasións impresionista. Pinta paisaxes do natural, mariñas, bodegóns, retratos... realizando algunha incursión no abstracto. Como creativo, desde os 16 anos, realizou murais, con pintura ou aerógrafo; restauración de imaxinería, decoración de retablos, creación de logotipos para marcas comerciais e publicidade, cartelería.... empregando case sempre óleo, aínda que tamén realiza traballos en acuarela, pastel, plumiña, acrílico, etc.
Esta exposición poderá visitarse na Salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid ata o 29 de xullo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario