7 de xul. de 2018

LABORAL

PROTESTA SERVICARNE EN OURENSE

Non á explotación do falso persoal autónomo no sector cárnico! 



Infogauda / Redacción

 Centos de delegados/as sindicais da CIG - segundo informan voceiros desta central -, percorreron hoxe as rúas de Ourense nunha manifestación que arrincou da rúa Eulogio Gómez Franqueira (dende a estación de tren) e rematou diante da Subdelegación do Goberno para rexeitaren a fraude laboral e económica á Seguridade Social (por riba dos 6 millóns de euros anuais) e a sobreexplotación a través de falsas cooperativas como Sericarne en Coren ou Frigolouro. 

 As mesmas fontes sinalan que máis de 2.000 falsos/as autónomos/as están discriminados/as en Galiza frente ao resto do persoal. Carecen de horario fixo, salario mínimo, dereito a vacacións ou permisos, a cobrar baixas... e sofren maior represión e ritmos salvaxes. 

 Reclaman que as empresas cárnicas acaten a resolución de Inspección de Traballo e os dean de alta no réxime xeral da Seguridade Social e que deixen de coaccionalos/as para renunciaren aos seus dereitos. 

 Dores Martínez, secretaria nacional da FGAMT-CIG, que vén de reunirse onte en Madrid con responsábeis de Inspección, afirma que esta loita "non cesará até que as este falso persoal autónomo teña os mesmos dereitos laborais que o resto". 

 Esixiulle, ademais, "celeridade e e contundencia" ao novo Goberno do PSOE para "rematar con este tipo de prácticas nas empresas

Ningún comentario:

Publicar un comentario