7 de xul. de 2018

A GUARDA

A GUARDA CAPITAL DA GASTRONOMÍA MARIÑEIRA

· A vila guardesa ofrece nesta fin de semana os mellores pratos da súa cociña 

· Superáronse as expectativas para a primeira xornada cunha gran afluencia de comensais   

Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, con Nancho Novo, actor, humorista e músico galego, e Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda
Vista parcial da carpa situada no Porto de A Guarda, onde estáse desenvolvendo con total éxito a XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira 

Infogauda / A Guarda

 O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, foi o responsable de dar o pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira na tardiña de onte venres día 6 de xullo ante máis de 200 persoas que se congregaron na Praza do Reló da Vila de A Guarda. 

 Nado en 1958 na Coruña, Nancho Novo combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock “Los Castigados sin postre”

 Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo “El Club de la Comedia” e participa coma colaborador no programa radiofónico “Hoy por hoy Madrid” de Radio Madrid. 

 O seu debut coma actor profesional remóntase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu an súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como “Fariña”. 

 Como ven sendo habitual a lectura do pregón foi o “pistoletazo” de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da comarca do Baixo Miño. 

Beti Rey Ferreira foi á presentadora do acto do pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira 

Compoñentes do Grupo de Gaitas A Boalleira, da Gándara, actuando na Praza do Reló
Autoridades, pregoeiro e público, na Praza do Reló, aplaudindo ás actuacions previas á intervención de Nancho Novo
O pregoeiro, Nancho Novo foi agasallado polo alcalde coa Langosta de Ouro da vila

 Neste acto, que estivo presentado pola comunicadora Beti Rey, interviron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o pregoeiro, Nancho Novo, que foi agasallado polo alcalde coa Langosta de Ouro da vila. 

Nancho Novo realizou na carpa do Porto pesqueiro, o seu espectáculo “El Cavernícola”

 Tralo pregón realizouse a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde veciños e visitantes degustaron os produtos do mar e da cociña mariñeira. Sobre as 22:30 horas Nancho Novo realizou o seu espectáculo “El Cavernícola”, obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1.200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.  

 A afluencia de público e comensais foi moi importante, os restauradores participantes nesta edición din que “superáronse as espectativas para a primeira xornada con creces” “tivemos que facer acopio de produtos que tiñamos para a segunda xornada polo que o balance desta primeira xornada da festa é moi positivo”. 

Elena Baz Rodríguez con un grupo de xóvenes pandereteiras no serán de onte

 Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizouse un serán mariñeiro contando coas actuacións de grupos tradicionais e de pandereteiras que amenizaron esta noite.  

 Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira pódese degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de langosta custa 25€, e tamén se ofertan outros saborosos productos: percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo… a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema Guardesa, con racións dende 1,5€.  

Programación variada e para todas as idades 

 Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.  

 O domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.  

 Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar, a Fortaleza de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos. Non esquezades o bañador!. 

 Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

2 comentarios:

  1. TANTO O ALCALDE COMO A CONCELLEIRA DE CULTURA SO ESTAN AHÍ PRA COBRAR A PRA SAIREN NAS FOTOS , DO RESTO NON FAEN NADA

    ResponderEliminar
  2. Sr. Ricardo, fae uns dias que vostede non pon os comentarios.... ¿porque?

    ResponderEliminar