19 de xul. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O BNG pide explicacións de por que Camposancos non solicitou axudas para normalización lingüística 

Mª Mercedes Martínez Vázquez (vogal do BNG na E.L.M. de Camposancos): “A Entidade Local Menor de Camposancos perdeu a oportunidade dunha axuda de preto de 5.000 € para actividades de normalización lingüística.”  

Mª Mercedes Martínez Vázquez, concelleira da Corporación Municipal do Concello de A Guarda e vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos


Infogauda / Camposancos

 A concelleira na Corporación Municipal do Concello de A Guarda e a súa vez, vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos, Mª Mercedes Martínez Vázquez, presentou un escrito  solicitando explicacións de por que dita entidade non solicitou as axudas que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos e das entidades menores para normalización lingüística.  

 Trinta e catro concellos xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive e o propio concello de A Guarda beneficiáronse - segundo lembra Martínez Vázquez - de axudas para dinamización e normalización lingüística as cales foron aprobados e concedidos pola deputación de Pontevedra. En concreto na comarca do Baixo Miño beneficiáronse os concellos de A Guarda, Oia e Tomiño

 “Non pode ser que perdamos estas ocasións de poñer a disposición dos veciños e veciñas de Camposancos actividades creativas en torno a nosa lingua. Non entendo ao Presidente da Entidade: ou non lle importa ou é un incompetente”, dixo Mª Mercedes Martínez.  

 Entre outras actividades - engade Mª Mercedes Martínez -, Camposancos perdeu a oportunidade de campamentos de verán para menores de 14 a 16 anos, talleres de creación literaria, contacontos , arrolos para nenos de 0 a 3 anos... En definitiva, perdemos a oportunidade de actividades de creación, mantemento, promoción e desenvolvemento da lingua galega.  

 Finalmente, a vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos non dubida en afirmar: Dende o BNG considérase unha oportunidade perdida por parte dun presidente que sempre se anda queixando de falta de fondos para realizar actividades en Camposancos, polo que queda de manifesto a incompetencia dun presidente que non ten proxecto político para a Entidade Local Menor de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario