O Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, destina 60.000 euros á compra dun inmoble no concello da Guarda
A edificación, que pasará a formar parte do patrimonio do concello, conta cun patio anexo que favorecerá o tránsito entre as rúas Baixo Muro e Ireira
Practicando unha entrada desde á rúa Ireira, pódese acceder as rúas Colón e Baixo Muro, polo camiño da Congostra
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha nova achega para o concello da Guarda, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 60.000 euros.
Máis polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará a compra dun inmoble na rúa Ireira nº 10 no concello da Guarda, que pasará a formar parte do patrimonio do concello. En concreto, a edificación conta cun patio anexo que favorecerá o tránsito entre as rúas Baixo Muro e Ireira. Con esta achega, A Guarda xa ten recibido 616.148,14 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 45,68 % do plan provincial.
Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.348.813,20 euros, o que supón un 76,09 % máis que o ano pasado.
Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.
UNHA ADQUISICIÓN IMPRESCINDIBLE PARA Á SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Desde Infogauda queremos relembrar que a conexión entre as rúas Baixo Muro, Colón e A Congostra, coa Ireira, para á supresión de barreiras arquitectonicas, que desde fai anos, afectan de xeito ostensible o veciño Valentín González González, entre outras persoas que poden - hoxendía, ou nun futuro -, estar afectadas, foi unha proposta que fixemos pública neste xornal dixital. Daquela dixemos que era necesario facer a oportuna xestión desde á institucional municipal - e decir desde o Concello de A Guarda - e chegar a un acordo co propietario do predio que posibilite a conexión coa rúa Ireira. Como sabemos que este tipo de negociacions non acostuman a seren doadas, desde este xornal dixital celebraremos que logo de varios anos de loita cívica, a familia de Valentín González González, poida ter - cando se materialicen ás obras necesarias para elo - á satisfacción de haber logrado o que se propuxo. Sabemos que cecais sexa a destempo, por razóns que non é preciso - nin sería correcto - reseñar nesta crónica, pero sempre será mellor que non haber loitado por un obxectivo xusto.

Sempre ocurre o mesmo DEIXADEZ DAS ADMINISTRACIONS,e cando xegan,case non fai falla...
ResponderEliminar