27 de xul. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda convida a colaborar na campaña solidaria #súmatedoasangue 

As vindeiras visitas das unidades de doazón de sangue á Guarda serán os días 16 e 17 de agosto de 2018

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. 

 O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello da Guarda distribuirá unha carta informativa na que se explican as vantaxes de doar sangue e os obxectivos desta nova campaña.  

 Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue. 

 Vindeiras visitas das unidades de doazón de sangue á Guarda: 

VENRES 17 de AGOSTO 
Horarios: De 10:00 a 14:00 h., e de 16:30 a 21:00 h. 

SÁBADO 18 de AGOSTO 
Horario: De 10:00 a 15:00 h.

A UNIDADE MÓBIL ESTARÁ UBICADA NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, FRONTE A PRAZA AVELINO VICENTE (NA PARADA DO BUS, FRONTE A FROIZ)    

 A Guarda, é unha das vilas galegas cunha maior taxa de doazóns de sangue, acadou en 2017 unha taxa de 82 doazóns por cada 1.000 habitantes, o obxetivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).  


 Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.  

 Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde.

 Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario