A Xunta de Galicia destina máis de 300.000 euros na reforma integral do CEIP Mestre Manuel García situado no Concello de Oia
· O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o centro onde as medidas levadas a cabo supuxeron un aforro enerxético anual dun 26 por cento
· As medidas levadas a cabo englóbanse no Plan de Rehabilitación Integral dos centros educativos 2016-2020, que contan cun investimento de 9,3 millóns de euros en eficiencia enerxética e 24,7 millóns de euros en mellora funcional, integración e sinaléctica
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o centro onde as medidas levadas a cabo supuxeron un aforro enerxético anual dun 26 por cento
Infogauda / Oia
A Xunta de Galicia leva destinados preto de 300.000 euros a actuacións de mellora enerxética no CEIP Mestre Manuel García, e como indicou o vicepresidente da Xunta esta actuación remarca a importancia que ten o benestar dos rapaces galegos,
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, explicou que esta actuación ten por obxectivo resolver os problemas de funcionamento que presentaban as carpinterías do edificio, a iluminación, os falsos teitos e, en xeral, as condicións do illamento térmico das fachadas e cuberta. Para iso, substituíronse os falsos teitos existentes e melloráronse o illamento das fiestras e das fachadas. Así mesmo, mellorouse a instalación de calefacción e instaláronse paneis solares. Estas medidas combinadas supuxeron un aforro enerxético anual dun 26 % neste centro.
O investimento en actuacións de eficiencia enerxética e mellora funcional nos centros que se está levando dende o Goberno galego posibilita múltiples vantaxes, como a redución dos gastos de mantemento nos colexios, sobre todo, mediante a redución de custes enerxéticos (luz e calefacción), e un aforro económico derivado da diminución de custos enerxéticos, ademais que ese crea conciencia e sensibilízase aos máis pequenos, na importancia do aforro e da eficiencia enerxética ao levar a cabo este tipo de medidas englobadas no Plan de Rehabilitación Integral (enerxética e funcional) dos centros educativos 2016-2020, que contan cun investimento de 9,3 millóns de euros en actuacións de eficiencia enerxética e de 24,7 millóns de euros en actuacións de mellora funcional, integración e sinaléctica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario