14 de xuño de 2018

O ROSAL

JOSE ANTONIO JUAN BENTO (MATUTE), PREMIADO POLO COMITÉ TÉCNICO DE ÁRBITROS  DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

Nesta ocasión e por unanimidade nas votacións elixiron ao delegado do U.D. Ribera de Fútbol, Jose Antonio Juan Bento como persoaxe distinguida

Jose Antonio Juan Bento co seu galardón que lle foi outorgado polo Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol

Infogauda / O Rosal

 O pasado venres 8 de xuño tivo lugar en Baiona a cea que o Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol celebra cada dous anos. 

 Nesta ocasión e por unanimidade nas votacións elixiron ao delegado do U.D. Ribera de Fútbol, Jose Antonio Juan Bento como persoaxe distinguida e quixeron premiar a súa dedicación ao deporte facéndolle entrega dun galardón en agradecemento á súa colaboración cos membros do colectivo arbitral. 

 Noraboa Jose Antonio Juan Bento, Matute, polos logros acadados e pola túa entrega a esta disciplina. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario